Sistema Selectivo
oposición
Prazas
50 Prazas (OPE 2022)
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
3º Exercicio* (Obrigatorio e eliminatorio)
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente. Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.
Parte xeral
A Constitución española de 1978: títulos preliminar, título I (excepto capítulo 3º), título II, título III (excepto capítulos 2º e 3º), título IV, título V e título VIII.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, título I, título II, título III e título V.
A Unión Europea, o dereito derivado: regulamentos, directivas, decisións, recomendacións e ditames.
As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello e a Comisión.
Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III.
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e capítulo I do título III.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo II (excepto subsección 2ª sección 3ª), capítulo III, capítulo IV e capítulo V.
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título preliminar e capítulos I e III do título III.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV, V e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I ao IX.
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Parte específica
A xestión de documentos na Administración da Xunta de Galicia. Clasificación de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.
Informática básica: conceptos básicos. Compoñentes dun computador e os seus periféricos. Redes informáticas. Soportes informáticos.
Sistemas operativos. Elementos comúns. Administrador de arquivos.
Sistemas ofimáticos. Procesadores de texto (Writer). Follas de cálculo (Calc). Presentacións (Impress). Axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade.
Para as preguntas sobre coñecemento e manexo do paquete ofimático LibreOffice, e para o curso selectivo, terase en conta a última versión estable á data de publicación no DOG da resolución pola que se aproben as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará a última versión estable no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo I e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.
Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduada/o en E.S.O..
OFERTA 2020 + 2021 – Convocatoria do 27 de xuño de 2022 – 120 prazas libres
OPE Extraordinaria – Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 83 prazas concurso-oposición – Corrección de Erros I – Correción de Erros II
+ OPE Extraordinaria – Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 212 prazas só concurso – Modificación Convocatoria
OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022. Convocatoria aínda non publicada – 50 prazas