Sistema Selectivo
oposición
Prazas
30 prazas (OPE 2022)
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
2º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
3º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
Parte xeral - Bloque I
Constitución española do 27 de decembro de 1978.
Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.
Lei orgánica 3/1981, do Defensor do Pobo.
Lei 50/1997, do 27 de novembro, de organización, competencia e funcionamento do Goberno.
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.
Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.
Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.
Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia.
Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Parte xeral - Bloque II
Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (títulos preliminar a V).
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.
Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.
Lei 9/2017, de contratos do sector público: libros I e II.
Real decreto 5/2015 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: títulos II e IV.
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar, capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Parte específica - Bloque I: Teoría xeral do dereito e dereito administrativo xeral.
As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.
O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.
O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.
A relación xurídico-administrativa: concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pasivas: situación de suxeición e deber do administrado.
O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial, o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.
O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
A atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.
A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos.
Actos administrativos en particular: a licenza, autorización ou permiso; réxime xurídico. Referencia á concesión e as súas clases.
O servizo público. Formas de xestión dos servizos públicos. Xestión directa e indirecta.
A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación. O procedemento expropiatorio xeneral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.
As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos bens demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.
O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Xestión do patrimonio. Protección e defensa.
Parte específica- Bloque II: Unión Europea.
A Unión Europea tras o Tratado de Lisboa: o Tratado da Unión e o Tratado de funcionamento da Unión. As cooperacións reforzadas.
A organización da Unión Europea (I): o Consello Europeo, o Consello e a Comisión Europea. Composición e funcións. O procedemento decisorio. A participación dos Estados membros nas diferentes fases do proceso.
A organización da Unión Europea (II): o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea. O Tribunal de Contas. O Banco Central Europeo.
O orzamento comunitario. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.
As fontes do dereito da Unión Europea. Dereito orixinario. Dereito derivado: regulamentos, directivas e decisións. Outras fontes. As relacións entre o dereito da Unión Europea e o ordenamento xurídico dos Estados membros.
Parte específica - Bloque III: Dereito autonómico xeneral e dereito local.
A Administración xeral do Estado. A súa organización e funcionamento: órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados e os subdelegados do Goberno nas comunidades autónomas.
O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública: concepto. Principios constitucionais informadores. Goberno e Administración: control dos actos políticos.
O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Ministerio Fiscal.
A Administración institucional. Entidades que o integran: os organismos públicos. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais. As axencias.
A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.
A posición xurídico-constitucional do Estatuto de autonomía: o Estatuto no sistema constitucional; o Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado; o Estatuto como norma subordinada á Constitución; posición do Estatuto respecto a as demais normas do Estado e da Comunidade Autónoma.
Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.
A interpretación do Estatuto. A súa reforma; a rixidez estatutaria; as súas garantías. Os supostos de reforma; os seus respectivos procedementos.
As competencias da Xunta de Galicia: a reserva de competencias ao Estado do artigo 149. A atribución estatutaria de competencias; a cláusula de peche do artigo 149.3. Os límites xerais das competencias; a súa efectividade.
As competencias exclusivas. As competencias normativas: as leis da Comunidade Autónoma; o seu rango e posición constitucional. O principio de competencia nas relacións entre o ordenamento estatal e autonómico.
A concorrencia normativa entre o Estado e a Comunidade Autónoma. Normativa básica e normativa de desenvolvemento: elementos formais e materiais no concepto de lexislación básica; estrutura da normativa básica; a relación basees-desenvolvemento; o problema de rango das dúas normativas.
A execución autonómica da lexislación do Estado: significación desta fórmula; extensión da competencia do Estado; atribucións da Comunidade Autónoma. A coordinación entre as dúas ordes.
A colaboración entre o Estado e a Comunidade Autónoma: o seu desenvolvemento na doutrina do Tribunal Constitucional. Os elementos de colaboración; en especial, as conferencias sectoriais e os convenios de colaboración. O control da actividade da Comunidade Autónoma.
Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos coas comunidades autónomas. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.
O municipio: organización e competencias. A provincia: Organización e competencias. Outras entidades locais.
Parte específica - Bloque IV: Dereito administrativo especial.
O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación.
A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A función interventora.
Xestión dos gastos de persoal: retribucións dos empregados públicos. Pagamento e liquidación. Os gastos de clases pasivas.
Xestión dos gastos contractuais: tipos de contratos. Autorización e compromiso de gastos contractuais. Recoñecemento do deber. Pago. Control dos gastos contractuais.
Xestión dos gastos de transferencias. Xestión das subvencións.
O sistema tributario español. O imposto. Concepto, clases, principios e efectos. Os impostos directos: concepto, caracteres e clases. Os impostos indirectos: conceptos, caracteres e clases.
Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.
Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. Actuacións das administracións públicas: competencias. Dereitos e deberes dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Os servizos de prevención de riscos. Participación dos traballadores.
O dereito do traballo. A súa especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. O principio de xerarquía normativa. Os convenios colectivos de traballo. Concepto e natureza. Réxime xurídico. Partes. Procedemento. Contido.
O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.
Modalidades do contrato de traballo. A duración do contrato de traballo.
Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.
Réxime de representación de persoal. Órganos de representación.
Concepto e principios da Seguridade Social. O sistema de Seguridade Social: estrutura e ámbito. Réxime xeral e réximes especiais da Seguridade Social. A xestión da Seguridade Social: entidades xestoras e servizos comúns.
Estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de enxeñería técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnica ou equivalente. Considérase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura.
OFERTA 2020 + 2021 – Convocatoria do 17 de xuño de 2022 · DOG 116 de 17/06/2022 – 90 prazas libres
OPE 2022 – Do 27 de decembro do 2022, Convocatoria aínda non publicada – 30 prazas