Nos Oposicións

Qué preparamos > SERGAS

Oposicións a

Técnico de Farmacia

Sistema Selectivo

concurso • oposición

Metodoloxía NÓS

Horario intensivo:
4h - 1 vez a semana

Simulacros de probas

Aula Virtual

App propia

Temario propio actualizado

Máis de 2000 preguntas tipo test de todo o temario

Sesións grabadas

Comeza a preparar a oposición de Técnico de Farmacia

    ¡Escríbenos por WhastApp!

    Proceso selectivo
    Temario
    Titulación requerida
    Ligazóns

    O proceso selectivo da fase de oposición de Técnico/a en Farmacia do SERGAS, segundo a última convocatoria publicada, consta das seguintes probas, todas elas de carácter eliminatorio.

    Fase de oposición (máximo 60 puntos)

    1º exercicio (eliminatorio):

    • Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:
      1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.
      2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
    • Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do seu valor.

    2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

    • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 a 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
    • Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Na lista de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste punto.

    3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

    • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.
    • Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.
    • As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.
    • Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 (técnico/a en farmacia), ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos cales se lles asignarán 5 puntos.

    Fase de concurso (máximo 40 puntos)

    • FORMACIÓN ACADÉMICA E CONTINUADA: máximo 8 puntos (20%).Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestadística e metodoloxía da investigación valoraranse, en todas as categorías e con independencia da data de obtención do título esixido para o acceso á categoría, cunha puntuación máxima de 4 puntos.
    • EXPERIENCIA: máximo 28 puntos (70%).
    • OUTRAS ACTIVIDADES: máximo 4 puntos (10%).

    Os méritos para ter en conta na fase de concurso deste proceso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Parte común

    Tema 1

    A Constitución española. Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

    Tema 2

    Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.

    Tema 3

    A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

    Tema 4

    A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A súa estrutura organizativa: disposicións que a regulan.

    Tema 5

    O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

    Tema 6

    O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

    Tema 7

    Normativa vixente sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: disposicións xerais; principios de protección de datos; dereitos das persoas. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

    Tema 8

    A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

    Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

    Parte específica

    Tema 1

    Educación para a Saúde. Concepto de saúde e enfermidade. Indicadores de saúde. Prevención da enfermidade. Programas de prevención da saúde: conceptos, obxectivos xerais, planificación das etapas do programa. Estratexias e tecnoloxía educativa. Promoción da saúde.

    Tema 2

    Educación sanitaria. Hixiene: hixiene persoal, hixiene da alimentación, hixiene mental, hixiene sexual. Infección e profilaxe: concepto, mecanismo de defensa fronte ás infeccións, enfermidade infecciosa, profilaxe e terapéutica.

    Tema 3

    Lexislación farmacéutica e da relación coa asistencia ao paciente. Lei de garantías e uso racional do medicamento e produtos sanitarios. Lei de ordenación farmacéutica de Galicia. Real Decreto 175/2001, do 23 de febreiro, polo que se aproban as normas de correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparación oficinais. Lei de autonomía do paciente (Lei 41/2002 do 15 de novembro), Lei Orgánica 15/1999, do 12 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

    Tema 4

    Organizacións farmacéuticas. Oficinas de farmacia. Farmacia hospitalaria. Almacéns de distribución. Laboratorios farmacéuticos. Colexios oficiais de farmacéuticos.

    Tema 5

    Medicamentos: definicións e tipos. Clasificación anatómica, terapéutica e química. Xeneralidades: mecanismo de acción e efectos. Definicións e tipos. Especialidades farmacéuticas xenéricas (EFG), especialidades farmacéuticas publicitarias (EFP), estupefacientes e psicótropos, medicamentos en situacións especiais: medicamentos estranxeiros, uso compasivo ou utilizados en condicións non establecidas na ficha técnica. Medicamentos de especial control médico, medicamentos de diagnóstico hospitalario, mostras para investigación clínica. Etiquetaxe, prospecto e ficha técnica. Aplicacións informáticas de bases de datos do medicamento.

    Tema 6

    Fórmulas maxistrais e Preparados oficinais. Conceptos xerais. Normas de correcta elaboración e control de calidade. Abreviaturas utilizadas en formulación maxistral. Formulario Nacional. Materias primas. Excipientes de uso máis frecuente en farmacia galénica. Ensaios e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Envases para formas farmacéuticas: tipos, usos e simboloxía. Envasado e etiquetaxe. Identificación, conservación e rexistro de fórmulas maxistrais e preparados oficinais.

    Tema 7

    Acondicionamento dos medicamentos. Conceptos xerais. Material de acondicionamento. Siglas e símbolos de acondicionamento. Control de calidade do material de acondicionamento. Lexislación sobre material de acondicionamento.

    Tema 8

    Farmacodinamia e farmacocinética. Acción farmacolóxica dos medicamentos. Clasificación. Factores que modifican a acción farmacolóxica. Conceptos en farmacocinética: Liberación, Absorción, Distribución, Metabolización e Excreción.

    Tema 9

    Pautas de administración de medicamentos. Dosaxe dos fármacos: tipos de doses, relación dose-efecto, factores que interveñen na dosaxe. Contraindicacións. Interaccións farmacolóxicas. Reaccións adversas dos medicamentos. Tarxeta amarela. Alertas farmacéuticas: tipos, seguridade e calidade. Sistema SINASP.

    Tema 10

    Formas farmacéuticas e vías de administración dos medicamentos. Conceptos xerais. Vías de administración de medicamentos: oral, tópica, parenteral, respiratoria, rectal, vaxinal, uretral, oftálmica e ótica. Formas farmacéuticas segundo a vía de administración.

    Tema 11

    Farmacia Hospitalaria. Servizo de Farmacia Hospitalaria. Áreas ou zonas que a integran. Sistemas de distribución intrahospitalaria de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos: caixas de primeiros auxilios, sistemas de dispensación de medicamentos en doses unitarias (SDMDU), sistemas de dispensación automatizada. Ordes hospitalarias de dispensación. Dispensación de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos a pacientes ambulatorios: normativa legal. Aplicacións informáticas de distribución e dispensación dos produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos. Asistencia ao farmacéutico na xestión de medicamentos de ensaio clínico: normativa legal. Asistencia ao farmacéutico na atención ao paciente ambulatorio e ao paciente de Hospitais de día.

    Tema 12

    Sistemas de almacenaxe e condicións de conservación de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos seguindo as súas características. Códigos farmacéuticos identificativos dos produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos. Ordenación dos produtos. Xestión de existencias. Control de caducidades. Procedemento de devolución de produtos caducados conforme á normativa vixente. Retirada de produtos por alerta sanitaria. Eliminación dos produtos segundo o sistema integral establecido. Aplicacións informáticas de xestión e control de almacén.

    Tema 13

    Laboratorio farmacéutico. Conceptos xerais. Material de uso frecuente. Equipos de laboratorio. Posta a punto e mantemento dos equipamentos e materiais. Procedementos de limpeza, desinfección, conservación e esterilización de material e equipos. Control de calidade de material e equipos.

    Tema 14

    Operacións farmacéuticas básicas: conceptos xerais. Pesada con balanzas electrónicas de precisión. División de sólidos. Peneiramiento. Homoxeneización de compoñentes. Extracción mediante disolventes. Destilación. Evaporación. Pulverización. Tamización. Mesturado. Desecación. Liofilización. Filtración. Granulación. Esterilización. Sistemas dispersos homoxéneos: disolucións. Sistemas dispersos heteroxéneos: emulsiones, suspensións e aerosois.

    Tema 15

    Análises clínicas. Mostras biolóxicas: tipos, obtención, conservación e manipulación. Preparación e conservación das mostras. Material de laboratorio de análise. Equipos e instrumentos básicos. Reactivos de uso máis frecuente. Métodos analíticos básicos. Eliminación de residuos segundo a normativa ambiental.

    Tema 16

    Conceptos físico-químicos básicos e a súa aplicación no laboratorio de farmacia. Magnitudes e unidades de medida: masa, tempo, temperatura, volume, presión, densidade, viscosidade e pH.

    Tema 17

    Instrumentos de medidas ópticas. Concepto de espectrofotometría. Fotómetro e espectrofotómetro. Microscopio óptico: fundamento, característica e manexo.

    Tema 18

    Produtos parafarmacéuticos. Produtos sanitarios e biocidas de uso humano. Dermofarmacia. Preparados dietéticos. Clasificación, aplicacións e características dos produtos parafarmacéuticos. Regulación comunitaria dos produtos sanitarios. Material de acondicionamento dos produtos sanitarios. Aplicacións informáticas de bases de datos de parafarmacia.

    Tema 19

    Seguridade e prevención de riscos no laboratorio de farmacia. Riscos biolóxicos. Riscos químicos. Riscos físicos.

    Título de técnico/a en Farmacia ou titulación equivalente na normativa de ordenación da formación profesional.

    Comeza a preparar a oposición de Técnico de Farmacia

      ¡Escríbenos por WhastApp!