Pendente de publicación nova OEP
Sistema Selectivo
concurso • oposición
Metodoloxía NÓS
1º Exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)
2º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
* Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaráselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos neste apartado.
3º Exercicio* (Obrigatorio e non eliminatorio)
* Estarán exentos os aspirantes que acrediten posuír o CELGA 3 ou equivalente.
Temario común
A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.
Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.
A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
A Lei de saúde de Galicia: o sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.
O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.
A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas institucións sanitarias.
A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Lexislación sobre igualdade de mulleres e homes: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.
Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.
Temario específico
Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e deberes en materia de información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.
Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta a os tratamentos dos datos persoais e a libre circulación destes datos. Conceptos básicos de seguridade e privacidade de datos de carácter persoal no manexo de información e dos sistemas de información.
Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido.
Réxime xeral da Seguridade Social: campo de aplicación. Afiliación, cotización e recadación. Acción protectora: continxencias protegibles e réxime xeral de prestacións.
Estrutura orzamentaria. Pagos en firme e a xustificar. A ordenación do gasto e do pago, órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Ideas básicas e xenerais de contabilidade financeira e orzamentaria.
Os contratos do sector público: lexislación aplicable. Ámbito de aplicación. Os contratos do sector público. Configuración xeral da contratación do sector público e elementos estruturais dos contratos.
Persoal: concepto. Selección de persoal estatutario temporal. Tipos de nomeamento. Confección de nóminas.
O acto administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e anulables. A Administración electrónica.
O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso-administrativo. Responsabilidade das administracións públicas.
Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.
As subministracións. Subministracións internas e externos. Recepción e almacenamento de mercadorías. Organización do almacén. Distribución de pedidos.
A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferenza entre información e comunicación. Tipos de comunicación. Atención ao público: acollida e información ao/á usuario/a.
Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. O arquivo e rexistro electrónico.
Informática: o computador; dispositivos centrais e periféricos; redes informáticas; o microprocesador; soportes informáticos.
Sistemas operativos máis frecuentes. Os seus elementos comúns. Administrador de arquivos. Administrador de impresión. Impresoras.
Ofimática: procesador de textos; folla electrónica de cálculo (Libreoffice); gráficos de oficina; axenda e correo electrónico. Intranet: concepto e utilidade. Internet.
Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.
OPE 2021 + 2022 Ord + 2022 Extraordinaria – Convocatoria publicada o 4 de xaneiro de 2023 – Concurso-oposición 328 prazas (164 libres)
OPE 2022 Extraordinaria – Convocatoria publicada o 5 de xaneiro de 2023 – Só concurso 102 prazas
OPE 2023: 33 Prazas (Só para persoas con discapacidade intelectual)