Sistema Selectivo
concurso • oposición
Metodoloxía NÓS
(Segundo a última convocatoria)
Fase de Oposición 2/3
Proba 1. Eliminatoria
Exame | Tempo | Peso |
---|---|---|
Suposto práctico | Aprox. 2 horas | 60% |
Tema (a elexir 1 entre 4) | 2 horas | 40% |
Proba 2. Eliminatoria
Exame | Tempo | Peso |
---|---|---|
Defensa da programación / plan | 20 min. | 40% |
Exposición dunha unidade / programa | 30 min. | 60% |
Debate | 10 min. |
Fase de Concurso 1/3. Máximo 10 puntos
Experiencia docente. Máximo 5 puntos
Formación académica. Máximo 5 puntos
Outros méritos. Máximo 2 puntos
Mostra do Material
Podes descargar unha mostra do noso temario propio actualizado que se imparte neste curso!
Fundamentación psicolóxica e pedagóxica do currículo. Achegas da Psicoloxía e Ciencias da Educación ao deseño curricular nos seus distintos niveis.
As capacidades como obxectivo da educación. Os seus distintos aspectos: valor intrínseco, valor propedéutico, carácter funcional en relación coa vida cotiá.
Procesos de aprendizaxe: condicionamento, aprendizaxe por observación, aprendizaxes superiores, o procesamento da información, o papel da atención e a memoria, as habilidades metacognitivas.
O proceso de ensino e aprendizaxe como proceso de construción e de interacción: elementos interpersoais e elementos didácticos. O papel mediador do profesor.
Principios didácticos no proceso de ensino e aprendizaxe. Aprendizaxe significativa. O papel das capacidades e coñecementos previos. A personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe.
O desenvolvemento na idade da Educación Infantil (I): desenvolvemento social, motor e afectivo. Implicacións educativas.
O desenvolvemento na idade da Educación Infantil (II): linguaxe e comunicación; o pensamento percepto-motor. Implicacións educativas.
O desenvolvemento na idade da Educación Primaria (I): desenvolvemento social, motor e afectivo. Implicacións educativas.
O desenvolvemento na idade da Educación Primaria (II): linguaxe e comunicación; o pensamento concreto. Implicacións educativas.
O desenvolvemento na idade da Educación Secundaria (I): adolescencia e mocidade. Cambios que acompañan á puberdade. Implicacións educativas.
O desenvolvemento na idade da Educación Secundaria (II): desenvolvemento cognitivo; o pensamento formal abstracto. Implicacións educativas.
Socialización e aprendizaxe. A escola como institución socializadora: a transmisión nela de pautas sociais e valores. Tradición e patrimonio cultural na transmisión educativa.
A dimensión moral da educación. Actitudes e valores morais a través das áreas do currículo. A educación do razoamento e do xuízo moral.
Educación para a convivencia e para a paz. A educación e o desenvolvemento de actitudes cooperativas, democráticas e cívicas.
Educación para a igualdade. Educación non discriminatoria. Eliminación de prexuízos sexistas e racistas na escola.
Educación sexual e educación para a saúde. Prevención das drogodependencias.
A titoría como elemento da función docente. Funcións do titor en Primaria e en Secundaria. Achegas da Psicoloxía e das Ciencias da Educación ao desenvolvemento destas funcións.
O proceso de tomar decisións: como se aprende e como se ensina.
A madurez vocacional e o proxecto de vida. Achega da Psicoloxía e a Pedagoxía a esta madurez e proxecto, principalmente na adolescencia.
Aspectos da diversidade de condicións persoais dos alumnos relevantes para a educación e a aprendizaxe: aptitudes, motivación, estilos cognitivos, outras diferenzas individuais.
A orientación como actividade educativa. Principios básicos comúns aos distintos modelos de orientación educativa. As súas técnicas máis utilizadas.
Presentación e desenvolvemento dun modelo concreto de orientación educativa, así como dos seus instrumentos e técnicas de orientación.
A organización do sistema de orientación e apoio en España nas distintas Administracións educativas.
Función asesora. Modelo de Intervención.
A orientación en Educación Secundaria. Modelo de intervención e funcións.
O asesoramento individualizado aos alumnos: principios xerais, modelos e técnicas.
Asesoramento sobre itinerarios educativos acordes coas aptitudes e motivación dos alumnos na Educación Secundaria: optatividade. Modalidades de Bacharelato, ciclos de Formación Profesional.
A orientación profesional e os procesos de toma de decisión vocacional. Madurez vocacional, autocoñecemento e elección de estudos e profesións.
Adestramento na transición á vida activa. Asesoramento sobre estudos superiores en campos profesionais acordes coas aptitudes, intereses e motivación dos alumnos.
Ensino de habilidades básicas e hábitos de autonomía principalmente con alumnos con déficits ou disfuncións.
Programas de ensinar a pensar, de aprender: a aprender principios comúns e panorama xeral.
Presentación e desenvolvemento dalgún programa concreto de intervención para aprender a pensar.
Métodos e técnicas de traballo intelectual e o seu desenvolvemento en Primaria e en Secundaria: principios xerais e aplicación en áreas ou ámbitos específicos.
O enfoque preventivo dos problemas escolares e de aprendizaxe. Grupos de risco e recursos compensatorios.
Análise sistémico da institución escolar. A escola como sistema de interaccións. O enfoque sistémico na intervención psicopedagóxica: programas de intervención global.
Relación de teoría e práctica na educación. A investigación educativa. O profesor como investigador da súa propia práctica. Principios e métodos da investigación na acción.
A práctica educativa como relación persoal e como práctica técnica e científica. A persoa do educador, a tecnoloxía educativa e os medios didácticos.
Principios e modelos xerais de avaliación en educación. Os seus fins e os seus tipos. A avaliación no proceso educativo e na toma de decisións curriculares.
Avaliación psicopedagóxica: avaliación da capacidade intelectual, das aptitudes básicas e doutras características persoais relacionadas coa aprendizaxe. Instrumentos e técnicas desta avaliación.
Avaliación do proceso de ensino: avaliación dos proxectos curriculares, da programación, dos materiais curriculares, das actividades educativas, da organización escolar.
Avaliación da aprendizaxe: avaliación dos procesos e dos resultados de aprendizaxe nos alumnos. Avaliación da competencia curricular.
Experimentación e innovación educativa. Problemas e estratexias na introdución e difusión de innovacións educativas na escola.
Dinámica do grupo clase. A adaptación ao medio escolar. Negociación de roles na aula.
A construción da intelixencia e da personalidade na interacción social: o papel dos compañeiros na experiencia educativa e na aprendizaxe.
O traballo cooperativo e a interacción social. Técnicas de análises e dinamización grupal.
A educación especial: do modelo do déficit ao de necesidades educativas especiais. Principios xerais da intervención educativa nestas necesidades.
A organización da educación especial: aulas e centros específicos; integración de alumnos con necesidades educativas especiais na escola ordinaria. Principios e métodos da integración escolar. Criterios de escolarización.
Organización e modos de traballo na aula con alumnos con necesidades especiais. Actuacións específicas con estes alumnos.
Adaptacións curriculares: conceptos e principios xerais. Adaptacións curriculares significativas para alumnos con necesidades educativas especiais e as súas clases: acceso ao currículo; adaptacións metodolóxicas, en contidos, en avaliación.
A diversificación curricular: aplicacións dos artigos 23 e 37 da LOGSE. Obxectivos, áreas, contidos e criterios de avaliación nas diversificacións curriculares.
As persoas con atraso mental: características do seu desenvolvemento. Principios xerais de intervención educativa e criterios para adaptar o currículo a estes alumnos.
Déficits sensoriais: os seus tipos e avaliación. Sistemas de comunicación en alumnos cegos e xordos.
Intervención educativa e adaptacións curriculares con alumnos cegos e amblíopes.
Intervención educativa e adaptacións curriculares con alumnos xordos.
O autismo e as alteracións da comunicación na infancia e a adolescencia. Intervención educativa antes estes problemas.
Alteracións comportamentais e condutas asociais na infancia. Programas de prevención, intervención e tratamento ante problemas de desenvolvemento da personalidade na Educación Infantil e Primaria.
Alteracións comportamentais e condutas asociais na adolescencia. Programas de prevención, intervención e tratamento ante problemas de desenvolvemento da personalidade na Educación Secundaria.
Os alumnos con disfuncións ou déficits motores. Barreiras de acceso ao currículo. Criterios para a adaptación curricular. Sistemas de comunicación alternativa.
Diferentes ritmos de aprendizaxe: Alumnos lentos en aprender. Intervención educativa.
Dificultades e problemas na adquisición da linguaxe falada: intervención educativa.
Dificultades e problemas na adquisición da linguaxe escrita: intervención educativa.
Dificultades e problemas nos aspectos matemáticos básicos e nas operacións elementais de cálculo: intervención educativa.
Dificultades e problemas na adquisición e uso dos instrumentos lóxicos e matemáticos do pensamento formal abstracto na adolescencia: intervención educativa.
Os alumnos superdotados. Posibilidades educativas que lles ofrece o currículo nas distintas etapas. O traballo educativo con estes alumnos.
Formación profesional e preparación para a transición á vida activa en alumnos que non alcanzan os obxectivos do ensino obrigatorio. Programas de Garantía Social.
O papel da familia na educación. Colaboración de profesores e pais nas distintas etapas educativas, principalmente na Educación Infantil. Modos de traballo cos pais.
A colaboración de mestres e pais de alumnos con necesidades educativas especiais. Programas educativos formais para desenvolver no fogar.
A escola na súa contorna: relación con outras institucións sociais, coa cidade. Peculiaridades da escola rural.
Consulta as titulacións afíns a cada especialidade na Orde do 2 de outubro de 2023