Nós Oposicións

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

< Novas

Oferta Emprego Público – Xunta de Galicia 2025

Oferta Emprego Público - Xunta de Galicia 2025

OFERTA EMPREGO PÚBLICO XUNTA DE GALICIA 2025

No DOG 235 do 04/12/2025 publícase o DECRETO 109/2025 polo que se aproba a Oferta de Emprego Público da Xunta de Galicia do 2025 con un total de 765 prazas de acceso libre.

Estas 765 prazas divídense en 376 prazas para a Administración xeral:

Administración xeral Quenda xeral Discapacidade xeral Discapacidade

intelectual

Total prazas
Corpo superior (subgrupo A1) 27 3 30
Escala de letrados/as 9 1 10
Escala superior de finanzas 9 1 10
Corpo de xestión (subgrupo A2) 27 3 30
Escala técnica de finanzas 14 2 16
Corpo administrativo (subgrupo C1) 10 1 11
Corpo auxiliar (subgrupo C2) 42 4 3 49
Agrupación profesional (AP)
Escala de persoal subalterno 45 5 10 60
Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:
Especialidade persoal de limpeza e cociña 135 15 10 160
Total 318 35 23 376

E 387 prazas para a Administración especial:

Administración especial Quenda xeral Discapacidade xeral Total prazas
Corpo facultativo superior (subgrupo A1)
Escala de veterinarios/as 14 2 16
Escala de enxeñeiros/as:
Especialidade enxeñaría agronómica 5 1 6
Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:
Especialidade formación e orientación laboral 1 1
Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2):
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as:
Especialidade enxeñaría técnica agrícola 22 3 25
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:
Especialidade de arquivos 2 1 3
Corpo de técnicos/as de carácter facultativo (grupo B):
Escala de axentes técnicos/as en xestión ambiental 45 5 50
Escala técnica do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:
Especialidade bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada 12 2 14
Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2):
Escala auxiliar do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais:
Especialidade bombeiro/a forestal 110 14 124
Escala auxiliar de coidadores/as 100 8 108
Escala auxiliar de cociña 25 5 30
Escala auxiliar de mantemento 10 10
Total 346 41 387

As dúas prazas restantes son ofertadas para prazas de persoal laboral, na categoría de entrevistador/a-enquisador/a.

En moitas das prazas aquí ofertadas, temos un proceso aberto no que o proceso selectivo se iniciará en breve e nas especialidades de Corpo Superior (A1), Corpo de Xestión (A2), Administrativo/a e Auxiliar Administrativo/a aínda tes o prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 24/12/2025.

Estas novas prazas ofertadas na OEP de 2025, serán independentes das anteriormente descritas no párrafo anterior e non se sumarán as prazas xa convocadas, polo que teremos “próximamente” unha nova convocatoria.

Tanto se estás interesado/a nas prazas xa convocadas (e con previsión próxima de exame) como se estás interesado/a na preparación para as prazas desta OEP de 2025, en Nós Oposicións temos as solución para ambas posibilidades, con INICIO de novos grupos intensivos para preparar as prazas xa convocadas e con INICIO de novos grupos ordinarios para preparar as prazas aquí ofertadas neste decreto de OEP de 2025.

Estás feito/a un lío con tanta praza? 😉 Contacta con NÓS e o noso persoal te informará con todo luxo de detalles de todas as posibilidades, de todas as prazas, previsións de exame, etc…

Milleiros de opositores nos escollen cada ano e iso non é casualidade!!!

📅 Queres ter á túa disposición unha academia con máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións?

👩‍🏫 O máis importante… queres estar titorizada/o e guíada/o na preparación por un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación de todas as probas da oposición?

🗺️ Ademáis queres unha formación flexible onde poder seguir a preparación de xeito presencial ou a distancia dende calquer parte do mundo?

📲 E como novidade, queres unha APP para test onde poderás realizar test de reforzo de un xeito motivador a través de unha APP propia?

🔝 Pois Nós Oposicións é o teu lugar, cunha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.

✅ E para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contamos sempre con DÚAS sesións de proba.

Non o dubides e contacta con calquera dos nosos centros para solicitar información sen ningún compromiso.

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

icono