Nos Oposicións

Guía do Opositor/a
Guía do Opositor/a

Guía opositor/a

Guía de conceptos básicos para a persoa opositora:

Coñecer para poder elexir. O propósito deste breve documento é dar resposta a algunhas das preguntas que as persoas que queren preparar unha oposición adoitan facer cando demandan información nos nosos centros. Esta información ten caracter meramente informativo, para coñecer detalles e características dunha oposición ou proceso selectivo concreto recomendamos sempre acudir á fonte orixinal que son os boletíns ou diarios oficiais das distintas administracións.

Que é unha oposición?

Unha oposición é un conxunto de probas selectivas nas que os aspirantes a un posto de traballo na Administración pública, amosan a súa competencia, que é xulgada por un tribunal. Tipos de procesos selectivos:

  • Oposición: Consiste na superación de probas ou exames eliminatorios, que poden ser un ou varios e de diferentes tipos en función do corpo ou categoría á que se pretende acceder.
  • Concurso-Oposición: Hai unha fase de oposición (probas ou exames) e unha fase de concurso, na que se valoran méritos dos participantes no proceso, como a súa experiencia profesional, antigüidade na Administración, títulos académicos, formación, etc. Os puntos da fase de concurso non poden empregarse para superar os exames da oposición.

Convocatoria e as súas bases

A convocatoria é un chamamento e polo tanto o momento no que o opositor/a tense que inscribir para poder realizar as probas ou exames da Oposición ou do Concurso-Oposición. As datas das probas poden ir indicadas na convocatoria ou en documentos posteriores.

Son instrucións a través das cales se regulan os procesos selectivos. Nelas indícanse os requisitos, o tipo de sistema de selección, o temario, a forma de presentación de documentación e solicitudes, etc. As bases están establecidas nas convocatorias e polo tanto publicadas nos boletíns ou diarios oficiais.

Que é unha OPE?

OPE son as iniciais de Oferta Pública de Emprego. Unha OPE é un documento oficial no cal a Administración pública expón as necesidades de recursos humanos que non poden ser cubertas polo persoal xa dispoñible na administración.

As OPE son aprobadas (en xeral cada ano) polos diferentes órganos do Goberno das Administracións Públicas, sendo publicadas no Diario ou Boletín Oficial correspondente (BOE, DOG, Boletín Oficial da Provincia…). Un tempo despois de ser publicadas no Diario ou Boletín publícanse as convocatorias respectivas. Hai como máximo un prazo de tres anos para publicar as convocatorias unha vez se publica a OPE.

Vías de acceso nos procesos selectivos

  • Quenda libre: É unha forma de acceso a unha convocatoria de emprego público que permite a calquera persoa que cumpra os requisitos establecidos nas bases presentarse á mesma.
  • Promoción interna: É un proceso de promoción para os funcionarios de distintos corpos e escalas, é dicir, é a forma de progreso dos funcionarios de carreira a un grupo de titulación superior ou análogo ao seu.

A maiores convén ter en conta os conceptos de:

  • Estabilización: Son prazas que se inclúen na OPE (a maiores das ordinarias) para que a interinidade diminúa e a súa forma habitual é por concurso-oposición. Son prazas de carácter temporal que se converten en prazas fixas. A estas prazas pode optar calquera persoa.
  • Consolidación: Son prazas que se inclúen na OPE para que a interinidade diminúa e a súa forma habitual é por concurso-oposición. Son prazas de carácter temporal para convertelas en prazas fixas. A estas prazas pode optar calquera persoa.
  • Funcionarización: Procedemento para transformar prazas de empregados públicos laborais en prazas de funcionario.

Grupos e categorías de oposicións

  • Grupo A: Formado polos profesionais de máis alta cualificación. A él soamente poden acceder aqueles que sexan titulados universitarios. Dentro deste grupo están as subcategorías:
    • A1: Para o acceso aos corpos deste grupo será preciso estar en posesión dun título universitario de Grao.  Naqueles supostos nos que a Lei esixa outro título universitario será éste o que se teña en conta. Exemplos: Profesorado de Secundaria, Médicos do SERGAS, Psicólogos da Xunta…).
    • A2: Para as que se precisa o título de grao universitario. Exemplos: Mestres, Enfermaría SERGAS, Educador Social…
  • Grupo B: Para as que hai que ter unha titulación técnica superior (FP).
  • Grupo C: Aos corpos de funcionarios que están dentro desta categoría poden optar aquelas persoas que teñen unha formación básica. Dentro deste grupo están as subcategorías:
    • C1: Titulación requerida de bacharelato ou equivalente. Exemplos: Administrativos Xunta, Axudantes de II. Penitenciarias, Técnicos de Raios do SERGAS.
    • C2: Titulación requerida da ESO. Exemplos: Auxiliar Administrativo, Coidadores, Telefonista SERGAS…
  • Agrupación Profesional: Funcionarios da Agrupación Profesional (Corpo Subalterno), que se ocuparán de tarefas de vixilancia, custodia, porteo ou outras análogas (recibir e repartir correspondencia, manexar e coidar os aparellos reprográficos, vixiar e coidar o bo estado e limpeza do edificio, comprobar a identidade dos visitantes, informar sobre a localización das diferentes dependencias…etc.). Exemplos: Pinche, Celador do SERGAS

Tipos de persoas empregadas

Existen básicamente tres tipos: Persoal Funcionario, Persoal Estatutario e Persoal Laboral. Nos tres casos hai un carácter permanente na relación laboral coa Administración, e as diferencias están nas leis que regulan esa relación laboral.

  • Funcionarios: É regulada pola Lei da Función Pública. O funcionario é aquel que aprobou un proceso selectivo de oposición e foi nomeado ante a Administración correspondente con dita condición.
  • Estatutarios: É regulada polo Estatuto Marco. O persoal estatutario é un tipo de empregado público que rexe a súa relación contractual coa administración pública a través dun estatuto ou normativa propia, exemplo empregado público estatutario: SERGAS. A creación do persoal estatutario foi unha reivindicación dos traballadores sanitarios, e ten as súas raíces na reforma da lei da función pública do 1984.
  • Laborais: É regulada polo Estatuto dos traballadores. O persoal laboral é un tipo de empregado público que presta os seus servizos na Administración a través dun contrato sometido á lexislación laboral. A súa relación coa Administración baséase nun contrato de traballo formalizado por escrito.
  • Carácter Temporal: Tamén existe a figura dos traballadores estatutarios temporais, funcionarios interinos e persoal laboral temporal, e nestes casos a súa relación coa administración é de carácter temporal e non indefinido.

Retribucións anuais dos distintos corpos da administración

  • A2. Entre 20100 y 24800€ dependendo do nivel dentro da administración.
  • C1. Entre 15800 e 18600€ dependendo do nivel dentro da administración
  • C2. Entre 13800 e 15200€ dependendo do nivel dentro da administración.
  • A.P. Entre 12900 e 13200€ dependendo do nivel dentro da administración.

A maiores hai que considerar que se establecen complementos específicos nos distintos grupos que incrementan as retribucións.

Opositar a administración pública

A Administración Pública comprende o conxunto de órganos do sector público conformados para realizar a tarefa de administrar e xestionar organismos, institucións e entes do Estado.

  • Administración do Estado: Dentro desta categoría estarían as convocadas polas diversas entidades que integran a administración central. Sería o caso, por exemplo das da Administración de Xustiza, Institucións Penitenciarias, da Administración Xeral do Estado, Corpo de Xestión, Policía Nacional e Garda Civil, Administradores Civís do Estado, Inspectores de Facenda e de Traballo, e un longuísimo etcétera.
  • Administracións Locais: Dentro desta categoría enmarcamos calquera oposición promovida por concellos, deputacións provinciais, concellos e cabidos insulares, entidades comarcais e calquera outra entidade dependente de corporacións locais.
  • Comunidades autónomas: Inclúense aquí todos os procesos selectivos convocados polas CC. AA. e os seus entes dependentes, tanto para funcións administrativas como para os ámbitos de sanidade, educación. No caso de Galicia, Mestres e Secundaria da Consellería de Educación, SERGAS, Administración Xeral da Xunta, Consorcio Galego, etc…)
  • Universidades: Tanto para persoal docente como administrativo ou de servizos.

Outras consideracións

  • Busca activa: Busca de información sobre que tipos de oposición se adaptan mellor aos intereses, formación, capacidade de cada un. Averiguar cales son os requisitos, sistemas de selección…
  • Ilusións: Ten claro o obxectivo, estar comprometido con el.
  • Compromiso: Ser constante, traballar diariamente dun xeito organizado e planificado.
  • Constancia: Contrastar información, investigar e construír un discurso propio e fundamentado.
1. Que é unha oposición? 2. Convocatoria e as súas bases 3. Que é unha OPE? 4. Vías de acceso nos procesos selectivos ou oposicións 5. Grupos e categorías de oposición 6. Persoas empregadas públicas 7. Retribucións anuais 8. Opositar a administración pública 9. Outras consideracións
Guía contidos