Nós Oposicións

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

MATRÍCULA ABERTA EDUCACIÓN 25/26

< Novas

Convocatorias SERGAS

Convocatorias SERGAS

Publicada a convocatoria de seis especialidades do SERGAS.

No DOG 170 do xoves 4 de setembro de 2025 publicouse a resolución do 21 de agosto de 2025 pola que se convoca o concurso – oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional e nas categorías de grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador/a.

Deixamos a continuación a ligazón ás convocatorias:

O sistema de acceso será o de concurso-oposición e constará das seguinte distribución das prazas por especialidade:

Categoría Subgrupo Acceso libre Promoción interna Reserva discapacidade Total
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. C2 558 653 95 (40 delas para discapacidade intelectual) 1306
Técnico/a en Farmacia C2 12 19 7 (3 delas para discapacidade intelectual) 38
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico C1 29 34 4 67
Grupo auxiliar da función administrativa C2 84 100 16 (8 delas para discapacidade intelectual) 200
Persoal de servizos xerais C2 100 118 18 (10 delas para discapacidade intelectual) 236
Celador/a AP 135 174 39 (29 delas para discapacidade intelectual) 348

Prazo de presentación de solicitudes: poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2025, ambos os dous días incluídos.

As solicitudes poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. A persoa aspirante deberá achegar a documentación requerida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

QUERES QUE UNHA DESTAS PRAZAS SEXA TÚA? En Nós Oposicións INICIAMOS NOVAS PREPARACIÓNS AO LONGO DO MES DE SETEMBRO e poñemos todo isto á túa disposición:

📅Máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións.

👩‍🏫Un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación da oposición.

📚TEMARIO PROPIO revisado e actualizado polos nosos docentes e adaptados aos protocolos Sergas.

🗺️ CLASES PRESENCIAIS, en STREAMING e GRAVACIÓN DAS SESIÓNS.

📲 Unha APP propia onde facer test de reforzo dende un teléfono, táblet ou PC.

🔝Unha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.

🆓 MATRÍCULA GRATUÍTA ATA O 15 DE SETEMBRO

✅ Para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contas con 3 sesións de proba en cada unha das especialidades.

Non o dubides e contacta con calquera dos nosos centros para solicitar información sobre os nosos grupos sen ningún compromiso.

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías

 

icono