Convocatoria para Enfermeiro/a de Sergas
Publicada convocatoria para Enfermeiro/a de Sergas
No DOG 132 do venres 11 de xullo de 2025 publicouse a resolución do 2 de xullo de 2025 pola que se convoca o concurso – oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.
Os sistemas de acceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade e promoción interna, segundo a seguinte distribución:
Categoría | Subgrupo | Acceso libre | Promoción interna | Reserva discapacidade | Total | Titulación |
Enfermeiro/a | A2 | 1.361 | 495 | 124 | 1.980 | Título universitario oficial de grao en enfermaría, diplomatura universitaria de enfermaría ou equivalente |
Prazo de presentación de solicitudes: poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2025, ambos os dous días incluídos.
As persoas aspirantes deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación requerida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non acreditase e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.
As solicitudes poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.
Fase de oposición:
- 1º exercicio (eliminatorio): consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 10 preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa do anexo II, nun prazo máximo de 150 minutos. As preguntas, de contido teórico ou práctico, estarán relacionadas coas competencias profesionais e as funcións propias da categoría.
- 2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio): consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, incluído), nun prazo máximo de 15 minutos.
- 3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio): consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos/das aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.
Estarán exentos/as da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego).
QUERES QUE UNHA DESTAS PRAZAS SEXA TÚA? En Nós Oposicións axudámosche a conseguilo e poñemos á túa disposición:
📅Máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións.
👩🏫Un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación da oposición.
TEMARIO PROPIO revisados polos nosos docentes e adaptados a Galicia e aos protocolos Sergas.
🗺️ CLASES PRESENCIAIS que marcarán a diferencia na preparación e che servirán como tempo de estudo.
📲 TEST de repaso formato online, para repasar cando e onde queiras.
🔝Unha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.
✅ Para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contas con 3 sesións de proba.
Non o dubides e contacta con calquera dos nosos centros para solicitar información sen ningún compromiso.
Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344
#CompromisoNós #Comprometidoscunhaformacióndegarantías