Convocatoria Ensino 2026

📢 PUBLICADA A CONVOCATORIA DAS OPOSICIÓNS DE ENSINO EN 2026
🆕 No DOG nº35 do 23 de febreiro de 2026 publícase a ORDE do 18 de febreiro de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres en Galicia para o 2026
👉Preme aquí para acceder á ORDE DO 18 DE FEBREIRO DE 2026
ℹ️ Podes consultar a distribución das prazas na seguinte taboa:
Corpo de mestres
|
Código |
Especialidade |
Discapacidade |
Libre |
Total |
|
| Intelectual | Outras discapacidades | ||||
| 597031 | Educación Infantil | 2 | 11 | 67 | 80 |
| 597032 | Lingua Estranxeira: Inglés | 1 | 6 | 38 | 45 |
| 597033 | Lingua Estranxeira: Francés | 0 | 5 | 30 | 35 |
| 597034 | Educación Física | 0 | 4 | 21 | 25 |
| 597035 | Música | 0 | 4 | 26 | 30 |
| 597036 | Pedagoxía Terapéutica | 2 | 13 | 80 | 95 |
| 597037 | Audición e Linguaxe | 1 | 6 | 34 | 41 |
| 597038 | Educación Primaria | 3 | 18 | 104 | 125 |
| Total | 9 | 67 | 400 | 476 | |
Corpo de profesores de ensino secundario
|
Código |
Especialidade |
Discapacidade |
Libre |
Total |
|
| Intelectual | Outras discapacidades | ||||
| 590001 | Filosofía | 0 | 4 | 21 | 25 |
| 590003 | Latín | 1 | 4 | 23 | 28 |
| 590004 | Lingua Castelá e Literatura | 1 | 5 | 29 | 35 |
| 590005 | Xeografía e Historia | 1 | 5 | 29 | 35 |
| 590006 | Matemáticas | 1 | 8 | 41 | 50 |
| 590007 | Física e Química | 1 | 4 | 25 | 30 |
| 590008 | Bioloxía e Xeoloxía | 0 | 4 | 21 | 25 |
| 590009 | Debuxo | 1 | 4 | 25 | 30 |
| 590010 | Francés | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590011 | Inglés | 3 | 20 | 124 | 147 |
| 590015 | Portugués | 0 | 1 | 4 | 5 |
| 590016 | Música | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590017 | Educación Física | 0 | 3 | 17 | 20 |
| 590018 | Orientación Educativa | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590019 | Tecnoloxía | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590053 | Lingua e Literatura Galega | 2 | 10 | 68 | 80 |
| 590061 | Economía | 0 | 3 | 17 | 20 |
| 590101 | Administración de Empresas | 0 | 3 | 17 | 20 |
| 590104 | Construcións Civís e Edificacións | 0 | 1 | 7 | 8 |
| 590105 | Formación e Orientación Laboral | 1 | 4 | 26 | 31 |
| 590107 | Informática | 1 | 4 | 25 | 30 |
| 590110 | Organización e Xestión Comercial | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590112 | Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica | 0 | 2 | 13 | 15 |
| 590219 | Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico | 0 | 1 | 9 | 10 |
| 590220 | Procedementos Sanitarios e Asistenciais | 0 | 3 | 17 | 20 |
| 590221 | Procesos Comerciais | 0 | 3 | 17 | 20 |
| 590222 | Procesos de Xestión Administrativa | 1 | 5 | 27 | 33 |
| 590227 | Sistemas e Aplicacións Informáticas | 1 | 6 | 33 | 40 |
| 590231 | Equipos Electrónicos | 0 | 3 | 17 | 20 |
| Total | 15 | 120 | 717 | 852 | |
Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional
|
Código |
Especialidade |
Discapacidade |
Libre |
Total |
|
| Intelectual | Outras discapacidades | ||||
| 5980001 | Cociña e Pastelaría | 0 | 2 | 10 | 12 |
| 5980002 | Estética | 0 | 1 | 6 | 7 |
| 5980003 | Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble | 0 | 1 | 6 | 7 |
| 5980004 | Mantemento de Vehículos | 1 | 4 | 15 | 20 |
| 5980010 | Soldadura | 0 | 4 | 10 | 14 |
| Total | 1 | 12 | 47 | 60 | |
🗓️ O prazo de presentación de solicitudes abrirase o próximo 24 de febreiro e permanecerá aberto ata o 16 de marzo, ambos inclusive. Recomendamos non deixar a presentación da solicitude para o último momento pois presentar a instancia con antelación permíteche revisar con calma toda a documentación e asegurarte de que todo está correctamente cuberto.
🎥 Ademais, para facilitar o proceso de inscrición, podes visualizar o noso videotitorial donde explicamos como inscribirse paso a paso nas oposicións de Educación 2026. Para acceder a dito videotitorial soamente tes que pinchar aqui.
📅 Tal e como se indica na convocatoria e como avanzou o conselleiro en días pasados, a data de inicio do proceso selectivo será o 20 de xuño de 2026.
🔁 O proceso selectivo non sufreu modificacións respecto da anterior convocatoria, polo que se segue dividindo en 2/3 da nota final a fase de oposición e 1/3 da nota final a fase de concurso, podendo acadar nesta un máximo de 10 puntos.
❓ Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento do proceso selectivo, co proceso de inscripción no proceso, sobre os méritos para o concurso, ou soamente precisas información sobre os nosos grupos de preparación, non dubides en contactarnos.
🫂 En Nós Oposicións reforzamos, acompañamos e axudámosche ata o final!