Convocatoria Concello de Ferrol
No BOE núm. 126, do 26 de maio de 2025 publícase a Resolución do 15 de maio do Concello de Ferrol.
Neste BOE faise pública a apertura do prazo de presentación de solicitudes nas seguintes prazas:
- 9 prazas de Auxiliar Administrativa/o, pertencentes á escala da Administración Xeral. (Bases específicas)
- 4 prazas de persoal Peón, pertencentes tamén á escala da Administración Xeral. (Bases específicas)
As 9 prazas de Auxiliar Administrativo corresponden á suma das prazas ofertadas nas OEPs do Concello de Ferrol dos anos 2021, 2022 e 2024. As prazas de Peón/a corresponden ás OEPs dos anos 2021, 2022 e 2023.
Ambos procesos selectivos serán por turno libre e mediante o sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado (Auxiliar Administrativa/o – Peón)
Ditas solicitudes presentaranse de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello de Ferrol.
MOITA SORTE A TODAS/OS!!!!