Nós Oposicións

ABERTO PRAZO MATRÍCULA EDUCACIÓN CURSO 25-26

< Novas

Convocatoria Auxiliar Coidador/a e Subalterno – Xunta de Galicia

Convocatoria Auxiliar Coidador/a e Subalterno - Xunta de Galicia

Publicada a convocatoria para Auxiliar Coidador/a e persoal Subalterno/a da Xunta de Galicia.

No DOG núm. 123 do 30 de xuño de 2025 publicouse a Resolución do 24 de xuño pola que se convocan os procedementos selectivos para Auxiliar de coidadores (50 prazas, das cales 4 están reservadas para a quenda de discapacidade, e 13 prazas se reservan para promoción interna) e de persoal subalterno (35 prazas, das cales 5 prazas están reservadas para a quenda de discapacidade).

Ambos procesos son de acceso libre e mediante o sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria e deberán presentarse por vía electrónica.

Os requisitos de titulación para as prazas de Auxiliar Coidador/a é a Educación Secundaria Obligatoria e para as prazas de persoal Subalterno será o graduado escolar.

Proceso selectivo:

No caso de subalterno, constará de dous exercicios, ambos eliminatorios e obrigatorios:

  • Primeiro exercicio: consistirá en respostar un cuestionario tipo test de 80 preguntas tipo test, das cales 20 preguntas corresponden á parte xeral e 60 preguntas á parte específica. A maiores, 5 preguntas de reserva (das cales 2 serán da parte xeral e 3 da parte específica).
  • Segundo exercicio: consistirá na traducción de dous textos, un do castelán ao galego e outro do galego ao castelán.

Estarán exentos de realizar este exercicio as persoas que acrediten estar en posesión do Celga 2.

No caso de Auxiliar Coidador/a, constará de tres exercicios, ambos eliminatorios e obrigatorios:

  • Primeiro exercicio: consistirá en respostar un cuestionario tipo test de 80 preguntas tipo test, das cales 20 preguntas corresponden á parte xeral e 60 preguntas á parte específica. A maiores, 5 preguntas de reserva (das cales 2 serán da parte xeral e 3 da parte específica).
  • Segundo exercicio: consistirá en respostar un cuestionario tipo test de carácter práctico de 40 preguntas máis 3 de reserva das materias da parte específica.
  • Terceiro exercicio: consistirá na traducción de dous textos, un do castelán ao galego e outro do galego ao castelán.

Estarán exentos de realizar este exercicio as persoas que acrediten estar en posesión do Celga 3.

QUERES QUE UNHA DESTAS PRAZAS SEXA TÚA? En Nós Oposicións axudámosche a conseguilo e poñemos á túa disposición:

📅Máis de 20 anos de experiencia na preparación de oposicións.

👩‍🏫Un equipo docente con solvencia e ampla experiencia na preparación da oposición.

🗺️Unha formación flexible onde poder seguir a preparación de xeito presencial ou a distancia dende calquer parte do mundo.

📲E como novidade unha APP para test onde poderás realizar test de reforzo de un xeito motivador a través de unha APP propia.

🔝Unha formación de garantías refrendada cos resultados acadados polo alumnado Nós ano tras ano.

✅ Para que comprobes en primeira persoa os puntos anteriores, contamos sempre con DÚAS sesións de proba.

Non o dubides e contacta con calquera dos nosos centros para solicitar información sen ningún compromiso.

Nós A Coruña (Fábrica de Tabacos) ☎️ 881993969
Nós A Coruña (Rúa Merced) ☎️981927420
Nós Santiago ☎️ 981938727
Nós Lugo ☎️ 982815466
Nós Vigo ☎️ 986139344

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías