Nos Oposicións

< Novas

Como inscribirse nas oposicións de ensino?

Como inscribirse nas oposicións de ensino?

Quéreste inscribir nas oposicións de ensino pero tes dúbidas sobre como facelo?

O responsable de creación de contidos dixitais educativos de Nós Oposicións pon un videotitorial totalmente gratuíto á túa disposición. Neste video indícase paso a paso o proceso de inscrición e explicanse as diversas posibilidades que tes á hora de adxuntar documentación, cal documentación, se habilitar á Consellería para a súa consulta…

Accede ao videotitorial nesta ligazón: https://youtu.be/88nVS7mwkvI?si=7P_qZbOm8NBaSWMw

Recorda que tes para facer a inscrición ata o 10 de marzo (incluido) pero recomendamos que non se deixe para o último día.

E se tras a visualización do videotitorial tes máis dúbidas… O noso persoal de administración está disposto a axudarche! Soamente tes que contactar con Nós e trasladarnos as túas dúbidas por calquera das nosas canles de comunicación.

Anotarse no proceso é o primeiro paso para obter a praza; e en Nós acompañámoste durante todos estes procesos!!! Para Nós é primordial que te sintas arroupado por profesionais con experiencia en todos os ámbitos que require a preparación dunha oposición!

#CompromisoNós
#Comprometidoscunhaformacióndegarantías