Última convocatoria:
Convocatoria do 27 de decembro do 2022Corrección de erros • Corrección de erros 2
Sistema Selectivo
oposición
Prazas
5 Prazas
Metodoloxía NÓS
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
1º exercicio
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, relacionado co anexo I do programa. O exercicio dividirase en dous partes:
-
- A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de corenta (40) preguntas da parte xeral.
- A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico e práctico de cento dez (110) preguntas da parte específica, das que noventa e cinco (95) preguntas serán de contido teórico e quince (15) serán sobre un suposto práctico tipo test, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.
2º exercicio (exentos Celga 4)
- Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal e a tradución dun texto do galego ao castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Parte xeral
Tema 1
A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.
Tema 2
Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.
Tema 3
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.
Tema 4
Lei 4/2019, do 17 de xullo, da Administración dixital de Galicia: título preliminar e título I capítulo I.
Tema 5
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar capítulos III e IV.
Tema 6
Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar e título I.
Tema 7
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.
Tema 8
Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Tema 9
Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I. E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Tema 10
Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
Tema 11
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
Parte específica
Tema 1
Políticas actuais do Estado de benestar. Concepto de xustiza social. Definición internacional de traballo social (FITS, 2014). Construción histórica do traballo social no marco do proceso e desenvolvemento do benestar social en España.
Tema 2
Marco legal dos servizos sociais: Constitución española, Estatuto de autonomía, normativa reguladora de réxime local.
Tema 3
A Lei de servizos sociais de Galicia: estrutura e contido.
Tema 4
Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia: obxecto e estrutura.
Tema 5
Voluntariado e acción social non gobernamental. Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
Tema 6
Teorías contemporáneas do traballo social. Modelos da práctica profesional. Correntes profesionais.
Tema 7
O método e a metodoloxía en traballo social. Evolución histórica da metodoloxía en traballo social. Reconceptualización e revisión dos métodos clásicos. Formulacións actuais: a estrutura básica de procedemento. Fases do proceso metodolóxico.
Tema 8
A planificación social no traballo social: plan, programa e proxecto.
Tema 9
Técnicas en traballo social: de coñecemento, de diagnóstico, de intervención e de avaliación. Instrumentos específicos en traballo social: ficha social, informe social, escalas de valoración social e proxecto de intervención social. Xestión das emocións na aplicación das técnicas e instrumentos no desenvolvemento profesional do traballo social.
Tema 10
O traballo social individual. Evolución histórica da intervención individual. Natureza, filosofía, valores e principios. Modelos na intervención individual. Diagnóstico. Deseño da intervención. Técnicas fundamentais.
Tema 11
O traballo social familiar. A familia concepto e tipos. Os novos tipos de familia. Familia e crise. A familia multiproblema. O enfoque sistémico na intervención con familias: conceptos craves. A estrutura familiar. Os ciclos vitais. Características da entrevista sistémica. O proceso de axuda.
Tema 12
O traballo social en rede. Orixe e concepto de rede. Tipoloxía da rede. Características das redes. Funcións da rede social. Obxectivos do traballo en rede. Fases da intervención. O traballo interdisciplinar na intervención social complexa.
Tema 13
O traballo social de grupo. Concepto e evolución da intervención grupal en traballo social. Tipos de grupos. Elementos estruturais do grupo. Etapas da vida do grupo. Liderazgo-comunicación-conflito e negociación no grupo. As dinámicas de traballo no grupo. Obxectivos e papel da traballadora social dinamizadora do grupo.
Tema 14
Traballo social comunitario. Concepto. Modelos de intervención en traballo social comunitario. Fases metodolóxicas: análise da comunidade, diagnóstico participativo, elaboración do proxecto de intervención, negociación e implantación, avaliación continua e final.
Tema 15
A/o traballador/a social como compoñente dun equipo de traballo interdisciplinar: principios básicos, fundamento e funcións. Conceptos básicos: interprofesionalidad, multidisciplinariedad, interdisciplinariedad e transdisciplinariedad.
Tema 16
A entrevista en traballo social. Tipoloxías e técnicas aplicables. Transferencia e contra transferencia na relación profesional. A visita domiciliaria en traballo social: encadre e estrutura.
Tema 17
A investigación social. Técnicas e aplicacións no traballo social. O informe da investigación.
Tema 18
A ética e a deontología en traballo social. O Código deontolóxico das/os profesionais do traballo social: principios básicos e xerais e ámbito de aplicación. Relación cos/as usuarios/as, profesionais e institucións. Integración e autodeterminación das persoas usuarias no proceso de intervención.
Tema 19
O Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais. Concepto, programas básicos e compromisos. Administracións implicadas: cooperación e coordinación.
Tema 20
O traballo social nos servizos sociais comunitarios básicos. Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Tema 21
Os servizos sociais especializados. Concepto. Competencias. Organización. Programas. Equipamentos.
Tema 22
Normativa reguladora vixente do sistema de protección á infancia e a adolescencia autonómica: ámbitos de actuación. Concepto e tipoloxías de familia. Principios reitores e competencias. Actuacións e medidas de prevención. Dereitos e deberes do/da menor. O interese superior do/da menor. O principio de mínima intervención.
Tema 23
Niveis de atención en familia, menores e adolescentes: indicadores e actuación en situacións de risco e desamparo. Niveis e medidas de intervención e criterios de aplicación de apoio á familia (garda, tutela administrativa e común). Recursos.
Tema 24
Menores en conflito social. Menores infractores. Regulamento para a execución das medidas xudiciais privativas e non privativas de liberdade. Medidas educativas correctoras. Conciliación ou reparación entre o/a menor e a vítima.
Tema 25
Adopción: nacional. Dereitos do/da menor adoptada. Competencias en materia de adopción. Requisitos da/do adoptante. Valoración de idoneidade. A intervención coa familia de orixe.
Tema 26
Os malos tratos á infancia: definición e tipoloxía. Factores de risco. O proceso de intervención #ante os malos tratos infantís. Prevención. Detección e tratamento social. Protocolo de actuación ante os malos tratos infantís.
Tema 27
A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
Tema 28
O traballo social no ámbito xudicial e forense. Instituto de Medicina Legal (Imelga). O papel do/da traballador/a social nas unidades de valoración forense integral (UVFI). Institucións sanitarias de servizos sociais.
Tema 29
Normativa autonómica de prevención e tratamento da violencia de xénero. Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Protocolos de actuación. Equipamentos, programas e recursos.
Tema 30
Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuales en Galicia.
Tema 31
Diversidade funcional. Tipoloxía. Equipos de valoración: recoñecemento do grao de discapacidade. Accesibilidade: a contorna como medio facilitador do desenvolvemento biopsicosocial. Recursos orientados á prevención e ao tratamento. O papel da/do profesional de traballo social na acción integradora a nivel familiar, laboral, educativa, de lecer e tempo libre.
Tema 32
Traballo social e persoas maiores. Aspectos demográficos e sociais do envellecemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Recursos e equipamentos: tipoloxía. O traballo social coas persoas maiores na comunidade e nas institucións: valoración e intervención. Vulnerabilidade e malos tratos nas persoas maiores.
Tema 33
O sistema galego de atención á dependencia. Definición de dependencia. Ámbito de actuación. Estrutura, composición e funcionamento dos equipos de valoración de dependencia.
Tema 34
O papel do/da traballador/a social no proceso de valoración de dependencia e na elaboración do Programa individual de atención (PIA). Catálogo de servizos e prestacións de atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 35
Traballo social e inclusión social: situacións de vulnerabilidade e cronicidade. O traballo social e o sinhogarismo. Grupos de poboación máis vulnerables. Características. Recursos, servizos e prestacións.
Tema 36
Movementos migratorios: a poboación migrante con necesidades de atención social. Migracións e clases sociais. Papel da iniciativa social. O traballo social nesta contorna.
Título de diplomada/o en Traballo Social ou graduada/o nunha titulación equivalente da rama de ciencias sociais e xurídicas.
OPE Extraordinaria: Convocatoria do 27 de decembro do 2022 – 5 prazas concurso-oposición · Corrección de erros I · Corrección de erros II
OPE Extraordinaria: Convocatoria do 26 de decembro de 2022 – 63 prazas só concurso