Hoxe sentímonos moi honrados e agradecidos porque o xornal La Voz de Galicia, abordou en profundidade as claves para presentarse a unha oposicións en Galicia.
Para elo tiveron a ben contar con Nós Oposicións para aportar información e a nosa experiencia sobre o tema, así como ter en conta o día a día dunha opositora, Esther, a quen lle queremos agradecer dun xeito moi especial a súa colaboración para poder elaborar esta nova.
Moitas grazas a todos os implicados/as e en especial ao grupo e docente de Auxiliar de Clínica, así como a Mónica P. Vilar e demais equipo de La Voz de Galicia polo bo quefacer e paciencia para que todo saise axeitadamente.
A continuación enlazamos varios videos da nova así como o enlace á nova de La Voz de Galicia.
Video sobre día a día dunha opositora, Esther.
Video sobre tempo, custe, variables a considerar para preparar unha oposición.
Video sobre diferencia entre concurso, oposición, idioma, probas físicas.
https://www.facebook.com/NosOposicion/videos/746953702675571