Coidadores/as

DATOS INFORMATIVOS:

METODOLOXÍA NÓS:

Coñece as ventaxes da preparación con Nós Oposicións:

  • Clases en horario intensivo (sesións de 4 horas 1 vez á semana).
  • Aula Virtual: para que podas seguir as clases en directo dende calquera lugar e onde contarás con material adicional de apoio.
  • Sesións gravadas: as nosas clases estarán dispoñibles na nosa aula virtual para a súa posterior visualización.
  • Temario propio actualizado: Os nosos temarios son elaborados por NÓS e en constante actualización.
  • Test: Test axustados ao formato dos exames oficiais.
  • APP Propia: APP propia na que podes facer test desde calquera dispositivo móbil.
  • Simulacros: Simulacros de todas as probas da Oposición

 

SOLICITA INFORMACIÓN

Formulario de Información

"*" señala los campos obligatorios

Política de privacidade
Teléfonos de contacto
Nós A Coruña · 981 927 420
Nós A Fábrica · 881 993 969
Nós Santiago de C. · 981 938 727
Nós Lugo · 982 815 466
Nós Vigo · 986 139 344
LIGAZÓNS OFERTAS E CONVOCATORIAS
TITULACIÓN REQUERIDA
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria
PROCESO SELECTIVO

PROCESO SELECTIVO

Fase de oposición: máximo 60 puntos

Proba de coñecemento da lingua galega* (Obrigatoria e eliminatoria)

  • Tempo: 60 minutos
  • Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de corenta (40) preguntas tipo test, con catro (4) respostas alternativas das cales só una (1) delas será a correcta, máis tres (3) de reserva, mediante o que se evidencie o coñecemento da lingua galega.
  • O cuestionario deberá obrigatoriamente recoller contidos relacionados cos niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.
  • Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.
  • Este exercicio valorarase como apto ou non apto. Corresponderá ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para alcanzar o resultado de apto.

* Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado que posuían, antes do día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo, o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado.

Único exercicio (Obrigatorio e eliminatorio)

Tempo: Máximo 130 minutos

  • Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test e dividirase en dous partes:
    • A primeira parte do exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de trinta (30) preguntas tipo test, relacionado coa parte xeral do programa.
    • A segunda parte, consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, relacionado coa parte específica do programa.
  • O exercicio dispoñerá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte común do programa e tres (3) á parte específica.
  • Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.
  • O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.

Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que alcancen, en cada unha das partes, un mínimo do 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme ao previsto no parágrafo anterior, sempre que alcancen, en cada unha das partes, o mínimo do 40% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Fase de concurso: máximo 40 puntos

EXPERIENCIA PROFESIONAL: máximo 30 puntos

  • Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados na Administración convocante, como empregado público na propia escala ou categoría profesional á que se opta ou na escala ou categoría profesional equivalente: a razón de 0,25 puntos por mes traballado ata un máximo de trinta (30) puntos.
  • Experiencia profesional acreditada, entendida como os servizos prestados en calquera outra Administración pública diferente das anteriores como empregado público na propia escala ou categoría profesional á que se opta ou na escala ou categoría profesional equivalente como funcionario interino ou persoal laboral temporal da Administración Xeral, sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación: a razón de 0,125 puntos por mes traballado con vinculación temporal ata un máximo de 30 puntos.

OUTROS MÉRITOS: máximo 10 puntos

  • Formación: un máximo de sete puntos e medio (7,5) (300 horas de formación).
  • Coñecemento lingua galega: ata un máximo dous puntos e medio (2,5).
TEMARIO

TEMARIO: 21 temas

Temario común

  1. A Constitución española de 1978: título preliminar, I, II e VIII.
  2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar, I e II. Competencias: exclusivas, desenvolvemento lexislativo e execución.
  3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar, I, II, III, IV e V.
  4. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar, título I: capítulos I, II, IV e V, e título II: seccións 1, 2 e 3 do capítulo I.
  5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: títulos I, III, IV e V.
  6. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar, título I: capítulos I e II.
  7. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar; capítulo V, sección 1ª, e capítulo VIII do título I e título II.
  8. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II e III.

Temario específico

  1. O corpo humano: concepto. Características. Aparellos. Sentidos.
  2. O persoal coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e co persoal especializado.
  3. A intervención con familias de persoas con discapacidade. Características e recollida de información. Procesos de fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade dentro da familia.
  4. Educación especial: clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.
  5. Acompañamento de persoas con discapacidade. Concepto e tipos de discapacidade. Apoios, intervención e acompañamento a persoas con discapacidade.
  6. Características básicas das persoas con discapacidade motora. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. Problemas posturales. Atención específica das persoas con espiña bífida.
  7. Características básicas das persoas con discapacidade visual. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación e hixiene. A independencia de movementos e desprazamentos; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior autonomía.
  8. Características básicas das persoas con discapacidade auditiva. Problemas na súa escolarización ou socialización. O seu contexto de relacións.
  9. A inclusión de persoas con discapacidade en espazos de lecer e de tempo libre. Procesos, planificación e intervención. O papel do persoal coidador nas actividades de lecer e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O persoal coidador como dinamizador de xogos e actividades.
  10. Creación de costumes para alcanzar os hábitos de alimentación, hixiene e control de esfínteres. Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación e hixiene.
  11. O persoal coidador no desenvolvemento de capacidades tecnolóxicas de persoas con discapacidade. Programas e procesos de adestramento en estratexias cognitivas básicas e alfabetización tecnolóxica: organización, realización e aplicación. Aplicación dos programas de adestramento. Aplicacións das novas tecnoloxías.
  12. O persoal coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación e hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.
  13. Técnicas de prevención de accidentes e ergonomía na escola ou centro e nas actividades complementarias ao alumnado con necesidades especiais. Primeiros auxilios e atención de emerxencia ao alumnado con necesidades especiais.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura publicado na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro). Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figuran publicadas na resolución anterior e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

Scroll al inicio